27.5.12

Las moscas conspiran (+18)

Unha cousiña que escribín fai uns 4 anos, xusto cando comecei este blog, para celebrar o seu xa 4º aniversario! E sigo con moitas ganas de seguir escribindo e de comezar/continuar con outros dous blogs que teño en proxecto!

 
Dejas atrás tus bolas chinas,
con el aburrimiento sube la temperatura.
Pero aunque te follarías a la barracuda,
¡cuidado! Las moscas conspiran.

Las noches son largas
los días son eternos,
porque esta isla en un infierno.
¿Por qué semanas tan amargas?

Son las moscas que conspiran,
mientras hacemos el amor en la arena,
mientras las rocas se mueren de pena,
mientras las estrellas nos vigilan.

Abrasa la nostalgia el corazón,
mucho más que el duro sol.
Sólo hay en los peces consuelo
con caricias de escalofrío y escaso alimento.

Y las moscas siguen conspirando.
San Judas: una aburrida puta vieja.
Y en este viaje sin moraleja
te pierdes en la arena nadando.

No es locura ni estrategia:
es tan sólo inteligencia.
Pero ellos no aprecian la meta
porque no ven más allá de tus tetas.

No es más que un tonto juego,
tonto y cruel: todos te miran.
Aunque sólo nosotros lo sabemos:
LAS MOSCAS CONSPIRAN

3.5.12

Pílula eduláptica #1


Estar discutindo por disparidade de gustos musicais e… poñerse a cantar o super éxito Hacia Belén va una Burra!


30.4.12

SS MM as Señoras da Limpeza


A realeza está no punto de mira do pobo nestes días. Eu quería falar dun curioso título nobiliario ao que pouca importancia se lle adoita dar: as Señoras da Limpeza.

En primeiro lugar, de onde lles vén o título? Ao igual que as monxas se teñen que casar con Xesús para ser monxas, as señoras da limpeza teñen que casarse con Don Limpo? Ou é un título que se poida herdar de nais a fillas coma un cargo político? Eu penso que deben de pasar por un ritual de iniciación, pois teñen algo de seita: van todas vestidas iguales, coma os mormóns. 

Alguén sabe por que son sempre mulleres? O feminino de “señora da limpeza” non é “señor da limpeza”, senón “bedel”. Como tal está despoxado da calidade máis importante dunha Señora da limpeza: o chismorreo,

E como te dirixes a elas? Como falas delas? Eu dirixinme unha vez a unha como “su señoría”, pero ao parecer non se deu por aludida. Parece mentira pero é unha dúbida que corroe a moita xente. Señora da limpeza é o máis habitual, pero tamén está “asistenta”, “chacha” e “criada”, termos que se usan para chamalas antes da súa iniciación, é dicir, antes de que sexan Señoras. Hai xente que as chama “a señora que me axuda a limpar a casa”. Se son chamadas así é que dan máis traballo do que fan. 

Sexa como sexa que as chames, faino sempre con respecto, pois as relacións coas Señoras da limpeza son moi importantes. Delas depende en moitas ocasións que atopes as cousas que perdes, ou que perdas máis cousas das que atopas. Se estamos a falar dunha Señora da Limpeza dun lugar público, procura que nunca te vexan estragar o mobiliario ou tirar algo de lixo. Doutro xeito estarás perdido.


24.4.12

Ideas, ideas, ideas!!

Novas ideas para este meu blog eduláptico!

Tal e como estamos todos ou case todos, nesta época de transicións e cambios, ás veces custa ver o bo da vida, e somerxémonos nunha espirar rutineria ou melancólica.
Pero a felicidade non a fai pasarse toda a vida nunha praia do Caribe!
 (en serio, non)
As vacación teñen sentido cando serven para descansar de algo.
Pero me desvío.
O caso é que un tipiño de non sei onde, fixo un blog no que escribiu 1000 cousas que lle acontecían diariamente e que lle facían o día feliz. Cousas simples, cotiás, como ir camiñando pola rúa e que unha persoa que non coñeces de nada te soría.
El comezou escribindo a cousa 1000 e rematou o blog coa número 1.
Eu farei o contrario. Comezarei pola 1 e chegarei ata onde chegue.
Isto non quere dicir que non siga escribindo outras cousas!
Simplmente acábaseme de vir á mente a idea e a escribín para non esquecerme, e para dicir que sigo aquí aínda que non teña moito tempo!!
Saudiños edulápticos :)

12.4.12

Flores edulápticas

  Flores que traen ledicia e vida a esta semana!
Make edulapsis agachándote a observalas, achega o nariz e úleas, cos dedos admira a súa suavidade.
Podes entender a súa máxica linguaxe de formas e cores?
















6.4.12

Té da felicidade


Para momentos nos que custa facer edulapsis, non ven mal unha axuda natural, con té verde, té negro, pétalos de rosas e bergamota, melocotón e bolboretas de azucre que lle dan o punto especial.
Déixese decocer unha culleriña durante 3 minutos contados por un reloxo de area, mentres botas un vistazo a unha revista, ou te tumbas no chan cos ollos pechados escoitando o levísimo son da area e o tempo. Antes de retirar as herbas da taza, convén tocarse o nariz coa punta do pé esquerdo.

:)

19.3.12

Equinoccio



Xa está aí!
Xa vén!
Feliz Equinoccio de Primavera!

10.3.12

Arte Contemporánea: merda de artista ou arte "de verdade"?


Queridos lectores, teño unha noticia moi importante que darvos: 
estamos no ano 2012 da nosa era, isto é, século XXI.

Iso ten consecuencias, e non me refiro a hipóteses conspiranoicas sobre a fin do mundo, senón a Arte. De Arte Contemporánea, así, con maiúsculas, que me gusta máis.

Cantas veces oín “isto é arte de verdade!” ou “isto que vai ser arte! Estas cousas modernas non hai quen as entenda!”. Evidentemente a primeira afirmación estaría relacionada con un museo “normal” e a segunda cun museo de arte contemporánea.

Por que un é arte e o outro non? Que ten o arte contemporáneo para que ninguén o entenda?

Arte en si mesmo é un concepto moi amplo que abrangue eidos moi diversos, dende a arquitectura ata a danza, pasando pola literatura, a pintura, o cinema, etc. Pero o común da xente, adoita relacionar arte con “cadros bonitos”.

Un Velázquez é arte, estou de acordo. Apolo e Dafne, de Bernini, é arte (non podería estar máis de acordo). Pero xa está, xa pasou. Non ten sentido representar a nobreza hoxe en día, nin idealizadas esculturas marmóreas de deuses greco-romanos. Cada obra de arte é filla do seu propio tempo.

Todo cambia, evoluciona, e máis nestes tempos. O primeiro microchip inseriuse nunha calculadoa en 1971. A comezos dos 90, ter un ordenador era un luxo. Hoxe casa parece que “regalan” smartphones. Cando sae un novo gadget alá imos como moscas.

E por que pretendemos que o arte actual sexa como os óleos de Jan vanEyck de fai seis séculos? Por que somos tan conservadores nese aspecto? Por que rexeitamos a arte contemporánea?

Pensades que é algo subxectivo? Que é unha teima miña iso de que a arte contemporánea non gusta? Non tal. É certo que teño moitas experiencias persoais dese rexeitamento. Pero hoxe en día basta con entrar en Youtube: mirade este vídeo de Yoko Ono no MOMA de Nova York. É arte contemporánea. 

De cada cinco votos, catro foron negativos. A xente non o entende. Sen embargo, un concerto de Beethoven ou unha ópera de Mozart van ter unha aceptación segura (e sempre poderemos ver alguén durmido na súa butaca, dito sexa de paso).

Pero ollo! Porque os grandes artistas da Historia non tiveron todos tan boa aceptación durante a súa vida como tras a morte. O misterioso finamento do mencionado Mozart supoxo un pulo moi importante para as súas obras. O gran Van Gogh non obtivo recoñecemento en vida, nin sequera que se cortase unha orella logrou chamar a atención do público. Suicidouse con 37 anos. Un dos cadros da súa serie d’Os xirasoles foi o máis caro do mundo ata non fai moito.

Penso que esa analoxía invita á reflexión: os artistas de hoxe non son nin mellores nin peores que os de antano, simplemente os ignoramos. Cando poñemos o chip “arte”, dámonos media volta e só miramos cara o pasado. E iso por que?

Eu penso que ten unha explicación moi sinxela: durante o noso aprendizaxe no colexio ou instituto, se tes a sorte de que algún profesor fale de arte, vai falar de Historia de Arte, só de datos, que o estudante ten que memorizar, demostrar que o memorizou nun exame, e esquecer. Dificilmente se vai chegar á arte moderna, e menos aínda á contemporánea. As obras que estudamos vannos resultar familiares, e cando vaiamos a un museo imos ser capaces de recoñecelas. Iso fará que nos deteñamos nesas obras en concreto, ou nos periodos estudados. 

E cando chega alguén como Christo e envolve un monumento, ou planta parasois polo monte adiante, só pensas: “pero que merda é isto?” Non es capaz de clasificalo, non recoñeces a técnica, é algo innovador, descoñecido, estraño, e polo tanto merecedor de tódalas críticas. 

O problema é precisamente que aprendemos Historia da Arte: datos. Non aprendemos a ver a arte, a entender a arte, a sentila. É certo que hai obras actuais difíciles de entender, pero como alguén non te explique a Mona Lisa só vai ser un retrato máis. 
Un exemplo: en 1962 Christo e Jeanne-Claude constrúen Cortina de Ferro: unha barricada de barrís nunha estreita rúa parisina. O traballo non era a colocación dos barrís, senón o tráfico provocado. 
Outro exemplo: Merda d’artista, de Piero Manzoni, obra que alcanza altos prezos en subasta; a mensaxe? Moi clara, calquera merda coa firma dun artista vai alcanzar altos prezos. Pero aí xa nos estamos metendo en cartos e iso non me interesa.

Que facer entón? Eu penso que cada un de nós pode ver calquera obra de arte sen saber nada dela. O único que temos que facer é esquecer todo o aprendido. A arte entra a nós polos sentidos, por iso debemos aguzalos todos e pensar, que nos transmite? Como nos fai sentir? Parece contraditorio, pero unha obra pode gustarnos porque non nos gusta, porque logra transmitirnos un rexeitamento. Se unha obra me fai sentir mal, penso que cumpriu a súa función. Pero é complexo falar en xeral, e dada a sinxela directriz de abrir a mente e escoitar o que nos di, imos meternos en exemplos.

Volvamos con Yoko Ono. Cada vez que o vexo trasmíteme algo distinto: violencia, berros de liberación, de placer orgásmico. Danme ganas de berrar como ela. Tanto ten que non sexa a música que soa pola radio.

Pásome á arquitectura, en concreto ímonos a Xapón. Da man do excelente estudio Sanaa e a súa gran sensibilidade vén o Museo de Arte Contemporánea de Kanazawa. Este museo é unha obra de arte en si mesma, e expón arte contemporánea como o seu nome indica. En concreto voume centrar nunha sala que me chama moitísimo a atención. É a da imaxe. 
Imos poñer atención, imos abrir a mente. Imaxina que es ese señor da imaxe. Que é iso azul de arriba? Parece un lenzo, unha pintura, non si? Polo pronto chama a atención, misión cumprida. É unha abertura no teito realizado de xeito que non se ve o verdadeiro grosor deste, polo que parece flotar. Sentimentos como a lixeireza, a altura, a comuñón entre a terra e o ceo impregnan a sala. Alguén que entre en busca de cadros sen erguer a cabeza vai saír como entrou. Alguén que se deteña a sentir a sala vaina lembrar sempre. Para min é o Panteón contemporáneo.

Seguimos cun exemplo moi curioso: o prestixioso violinista Joshua Bell, que enche salas de concertos (as entradas non creo que sexan baratas) tocou durante 43 minutos en hora punta no metro de Washington. Resultado? Só 10 persoas se detiveron a escoitalo. Paréceme impresionante. A nota á que remito no link di que o resultado “corta a respiración”, non é para menos. A obra de arte non é só que o violinista toque no metro, senón que ninguén se deteña a velo. Non sentides a frustración? 

Un artista que acabo de coñecer e do que non sei moito: Enrique Lista (seica é galego). Sorprendeume moito colocando cousas onde non deberían estar: como “isto non é un anuncio” no espazo publicitario dos autobuses. Sospeito que tamén é seu un cartel deses grandes de estrada que pon “todo vai ir ben : )”. Non se fai raro que coloquen algo onde non debe estar? Sempre que o vexo faime sorrir. Haberá outros que pensen que é unha parvada. Sexa cal sexa a reacción que produza, se logra chamar a atención da xente penso que cumpre o seu obxectivo. 

Por último, un dos meus artistas favoritos: Anish Kapoor. Non vou falar da vida deste escultor indio nado en Bombay en 1954 que leva traballando en Londres dende comezos dos 70, senón poñer algún exemplo da súa obra. 
Para comezar: os seus espellos. Pode ser só un espello, pero colocado no lugar e coa orientación adecuados, transforma por completo o seu entorno converténdose nunha porta ao ceo. O feito de atoparte de fronte co ceo, sen ter que mirar cara arriba, paréceme sublime. Confunde os sentidos, trae abaixo o que está arriba. E só é un espello.
 Outro exemplo? As súas cores. Teñen algo, teñen un aquel difícil de definir. As súas cores son arte en si mesma, son intensas, profundas. Un oco pintado do seu azul escuro pode parecer infinito. Retrata o baleiro. Ese cadrado amarelo da parede… é un buraco ou sae da parede? Achégaste a mirar e sorpréndeste do resultado, como puido meter ese oco alí? A súa cera vermella, que non se sabe que demo é iso, pero que ten unha forza, unha densidade e unha violencia impresionantes.
Un canón no medio dun cuarto, apuntando a un recuncho cheo de balas de cera vermellas. Tras agardar un tempo, pois non sabes cando vai ser disparada a seguinte bala de cera, entra un técnico totalmente uniformado e profesional. Abre unha bala de cera, das moitas que están embaladas ao lado do canón. Introdúcena no canón cunha profesionalidade que parece que o home nacera para iso. Acende o canón. Agardas, agardas, agardas. O zumbido do canón vaise elevando máis e máis facendo máis tensa a espera. Entra moita xente na sala atraída polo ruído. Sabes que vai disparar. Vai xa, veña. Sigue zumbando, agardas, agardas, case parece que non respiras. E de súpeto oes o disparo enxordecedor que reverbera por toda a sala. A bala sae disparada e estámpase no recuncho, contra outras balas de cera vermella, intensa, violenta. Entón comeza a desparramarse, pesada e densa, arrastrando máis desa cera vermella que parece carne crúa consigo.
Es capaz de sentilo? Imaxínate vivilo. E que alguén me diga que iso non é arte!!



1.3.12

Quién detiene palomas al vuelo?


Hoxe quería contarvos a miña experiencia co lesbianismo. Si, son home, e que? Podo ter experiencia lésbica igualmente.  E si, vou falar de lesbianismo, non é ningunha metáfora nin nada polo estilo. Por se tes dúbidas, lesbianismo = muller + muller.

Por desgraza, ata fai moi pouco tempo, esta miña experiencia lésbica era totalmente nula. Para min o lesbianismo era algo totalmente alleo. Non son unha persoa normal (obvio), pero fago cousas de persoa normal, como saír á rúa e falar con xente. Por iso supoño que para o resto do mundo (normal ou non), esta experiencia será case tan nula como a miña. Unha mágoa.

Todo o mundo ten visto parellas heteros (puff, son unha praga!). Pero cantas parellas homo se adoitan ver? Quen máis quen menos, terá visto algunha parella home+home. Eu son moito de fixarme nestas cousas. Cando vou de viaxe a unha cidade grande adoito fixarme nestas cousas, e si, algunha se ve, unhas máis explícitas que outras.

Pero non é preciso irse a cidades tan grandes, que mesmo na Coruña se ve: unha vez que fun facer un traballo había unha parella gay que estivo como máis dunha hora bicándose entre os contrafortes dunha igrexa (supoño que para tratar de ocultarse, aínda que por cousas da acústica, os sobeteos escoitábanse por toda a rúa…). 

En  fin, desvíome do asunto. E comparado con isto, cantas lesbianas coñezo? Moi poucas, pero habelas hailas! Non esquecerei unha imaxe mental que gardo como obxecto de colección de dúas mulleres bicándose en plena Praza Maior de Ourense, pero non é oo normal. Por un ou outro motivo, parece que a homosexualidade foi reintegrándose dun xeito normal na sociedade.Toda? Non! E as mulleres? Onde están?

Non quero dicir que non haxa lesbianas fora do armario, pero si quero dicir que non é o normal. Dalgún xeito, elas quedaron marxinadas, obrigadas a negar a súa propia sexualidade. Paréceme moi triste que unha persoa non poida descubrirse a si mesma por imposicións socias, por medo ao rexeitamento, ou por simple vergoña. Se non ten tempo (ejem, servidor) é outra cousa ben diferente.

E todo isto a que vén? Pois a que debido a que me paso case todo co ordenador realizando traballos máis ben mecánicos, preciso de algo que me entreteña. Así que navegando polo Yutúb, atopeime con dúas vlogueiras fantásticas (vlog = video + blog): Yellow Mellow e Bollicao. Ambas con canles independentes, ambas excelentes e ambas lesbianas. E ambas, pero sobre todo Bolli, están a facer unha labor excelente dicindo abertamente que son lesbianas. Quero pensar que pode animar a máis mulleres a manifestar a súa condición, sen medos, porque xa está ben de deter pombas voando a ras de chan!


21.2.12

Guerra aos tapetes!


Chega un momento na vida de todo estudante de arquitectura onde te decatas do moito que cambiou a túa mente a forza das clases e das cousas que nelas se ven. Comprendes o valor da arte e da arquitectura moderna, esa que tan fea te parecía antes de comezar a carreira e á que só os arquitectos parece gustarlles. Entendes as enormes posibilidades do horribilísimo formigón armado. Quedas fascinado cos interiores das vivendas dos grandes mestres contemporáneos.

E estas ideas van flutuando e cambiando na túa cabeza case sen que te decates. Pero de súpeto… PAF! Todo se volve na túa contra! Ese momento adoita chegar cando analizas a túa propia casa dun xeito crítico ou cando buscas un piso de aluguer para ir a vivir cos teus amigos e compañeiros de carreira.

Decátaste entón de que o resto do mundo pensa diferente a como ti o fas: se alguén intenta alugar un piso, é lóxico que as fotos que suba a internet reflictan o ideal de beleza desas persoas. E que nos atopamos? Interiores totalmente abarrotados, con sofás que padecen de obesidade mórbida, terroríficos tapetes sobre mesiñas auxiliares, cortinas, cortinas, e máis cortinas para unha soa fiestra, sabas de raso, marcos con fotografías familiares que xorden como setas no campo, lámpadas con mil cristaliños pendurando… E penso… AAARJJJ!! Como pode vivir un estudante de arquitectura nunha casa así… non, espera, como pode vivir unha persoa nunha casa así?

O peor é volver á propia casa (por se alguén o pregunta, mentres estudo estou nunha residencia). Entón, no meu fogar atópome con todas esas cousas que tanto noxo me deran. Metros cadrados desperdiciados por aquí e acolá con mobles inútiles, antigüidades e outras cousas que ocupan espazo e non serven para nada.

Pero este cambio de visión se debe a que estou estudando arquitectura? Non tal! É algo que lle pode pasar a calquera que se preocupe un mínimo por ver as casas que se están facendo fóra da nosa! A miña propia avoa “abriu os ollos”, pois di que dende que estudo arquitectura preocúpase máis polo tema, vendo programas de televisión sobre vivendas doutros. E chámame e dime: “ay Dani, hoy vi una casa tan bonita! La vi en el programa este de la tele [agora non me lembro de cal: non vexo a televisión]. Si me tocara la lotería pedía que me hicieran una así, no era como la nuestra, con pasillos y puertas, no, era más moderna, así como se llevan ahora, y era preciosa y tenía tanta luz! Me acordé tanto de ti…

Entón é cando comprendes o teu propósito no universo, a finalidade da túa existencia como arquitecto: liberar ao mundo da decoración sobrecargada! E das anticuallas inservibles! E dos sofás preñados! E das lámpadas ebrias de ornamento! E dos corredores! E dos tapetes de encaixe!