Non é preciso que o confese, non é ningún segredo. Mostro abertamente unha actitude de fondo respecto cara a Natureza. Dentro deste respecto poderíamos incluír o ecoloxismo. É un tema que sempre me preocupou e atraeu: dende a regra das tres R (Reducir, Reutilizar, Reciclar), ata a arquitectura verde ou bioclimática.
| Lixo nos arbustos da residencia |
Nun principio pensei que ese desinterese pola ecoloxía, polo cambio climático, pola contaminación, a destrución da biodiversidade, etc. se debía á falta de información ou a xente de idades avanzadas á que é moi difícil facer cambiar de hábitos. Supoño que esta crenza miña se tiña moito que ver co que pensaba Sócrates no seu intelectualismo morar: quen saiba que é o correcto, fará o correcto.
Así que eu no instituto, imaxinaba que na universidade todo sería moi “verde”. Lonxe de fantasías utópicas de autobuses eléctricos, arquitecturas bioclimáticas e demais, polo menos imaxinaba que a reciclaxe estaría amplamente instaurada.
Sen embargo… cánta decepción!! Non deixo de asombrarme ante xente da miña idade, da miña mesma carreira, á que lle importa UNHA MERDA este tema!
Na miña cabeza non entra a idea de que na miña propia residencia haxa residuos entre os arbustos como goma de mascar, latas, e outros envases plásticos.
Non alcanzo a comprender que cando abro a caixa de lixo dos inorgánicos, unicamente diferenciada por un desgastado adhesivo que di: Eu inorgánicos, me atope con impropios de todo tipo, dende orgánicos ata caixas de pizzas, pasando por botellas de vidro.
Sorpréndeme que alguén me pregunte para que serve reciclar ou aforrar enerxía ou auga (evidentemente, se alguén toca este tema diante de min enfróntase a un intenso debate comigo, no cal non me penso dar por vencido por ningún motivo).
| Lixo no entorno da residencia |
E por suposto, alucino cando vexo que na miña facultade hai buracos que atravesan de lado a lado os fríos muros de formigón. Cando son necesarios montóns de radiadores (convectores, perdón) para manter temperada unha aula pola que, estando portas e fiestras pechadas, podes claramente sentir correntes de aire frío. Cando, nunha facultade de arquitectura, non hai caixas de reciclaxe de papel e cartón. E xa non digamos plásticos!
| Lixo no Campus da Zapateira |
Non temo unha destrución do planeta, porque sei que este vai seguir adiante, con nós ou sen nós. Aínda así dáme mágoa. A Terra non esquece e recibiremos o noso merecido polo que lle estamos facendo, e non nos vén nada mal.
0 edulápticos que comentaron:
Publicar un comentario en la entrada